18F.- Pechan en hora e sen incidencias as mesas electorais

Só dúas mesas clausuraron algo máis tarde, ao redor das 20.30 horas, aquelas que se constituíron con atraso, en Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

A maioría das 3.950 mesas electorais dispostas para este 18 de febreiro en Galicia para os comicios autonómicos pecharon en hora, ás 20.00 horas, e sen incidencias. Só dúas mesas clausuraron algo máis tarde, ao redor das 20.30 horas, aquelas que se constituíron con atraso.

En concreto, as mesas de dous locais de Vigo tardaron aproximadamente media hora en constituírse debido a problemas para abrir a porta dun dos locais e noutra porque faltaban membros nalgunha das mesas. Ademais destas dúas incidencias, houbo outras "pequenas incidencias" no municipio coruñés de Culleredo, onde houbo problemas coa transmisión de datos dunha mesa, e en Boqueixón e Ponteareas por falta de material, pero que se solucionou o máis axiña posible.

Unha persoa exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela
Unha persoa exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta