Por Europa Press / Redacción | MADRID | 21/02/2024 | Actualizada ás 09:25
A portavoz de Interior do PP no Congreso, a galega Ana Vázquez, asegurou este martes no hemiciclo que o deputado do BNG, Néstor Rego, increpouna no corredor e pediu amparo á presidenta da Cámara, a socialista Francina Armengol, pola súa "seguridade" e por "respecto á convivencia". O representante do BNG negou intimidación ou ameazas E mantén que a considera unha mentireira. De feito, publicou un vídeo no que desmontou a versión da popular.
Tras o debate dunha iniciativa de Sumar sobre a redución da xornada laboral, Ana Vázquez pediu a palabra para asegurar que Rego a increpou " no corredor" e que posteriormente a insultou durante a súa intervención no Pleno, o que achaca ao "mal perder" tras os comicios galegos do pasado domingo.
"NON LLE TEÑO MEDO"
Ante isto, a deputada por Ourense reclamou o amparo da presidenta pola súa "seguridade" e por "respecto á convivencia", e pediu ao deputado galego que retire as súas palabras. "Non me vai a calar, do mesmo xeito que tampouco calou ao pobo galego, e non lle teño medo", concluíu a deputada 'popular'.
A presidenta do Congreso comprometeuse a repasar o ocorrido e tomar unha decisión, xa que nese momento non tiña todos os elementos.
E minutos despois foi Rego quen pediu a palabra, posto que estivo presente cando o acusou a deputada do PP. Segundo explicou, a orixe do incidente é un tuit publicado por Vázquez en redes sociais acusando o deputado o BNG de boicotear o minuto de silencio do Pleno Congreso en memoria dos dous gardas civís asasinados en Barbate (Cádiz) por unha narcolancha, cando en realidade non estivera no hemiciclo.
🤥 “Debería darche vergoña mentir, @anadebande” @NestorRego desmonta nun minuto as trolas do Partido Popular. Pensan que todo é a TVG. pic.twitter.com/xZwbUxTyIX https://t.co/1P5QvqMC36
— Adrián R. Bravo (@adrianrbravo) February 20, 2024
MENTIUO PP está moi acostumado a 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗱𝗮 𝗺𝗲𝗻𝘁𝗶𝗿𝗮 𝗮 𝘀𝘂́𝗮 𝗽𝗿𝗶𝗻𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 𝗳𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮.
— BNG Congreso - Senado (@bngcongreso) February 20, 2024
Fixérono nesta campaña electoral do #18F e continúan a facelo no Congreso.
🔥 @NestorRego desmontando a trola de @anadebande https://t.co/p3ZyShDAGo pic.twitter.com/imF3w5iDTu
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.