Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/02/2024 | Actualizada ás 15:34
A Garda Civil investiga a un home residente en Barcelona acusado de estafar 700 euros a unha muller de Sanxenxo á que supostamente enganou cando se ofreceu a venderlle unhas entradas para o concerto da artista colombiana Karol G o próximo mes de xullo en Madrid. O contacto entre a vítima e o presunto estafador produciuse a mediados de decembro a través da rede social Tiktok, na que iniciaron unha conversación sobre a venda de entradas para este concerto que terá lugar o 22 de xullo no estadio Santiago Bernabéu.
A vítima realizou unha transferencia de 200 euros e, a continuación, un bizum doutros 500 á conta bancaria proporcionada polo vendedor. Acto seguido, este bloqueou á muller na rede social e nunca chegou a enviar as entradas por correo electrónico como acordaran. A muller presentou unha denuncia no posto da Garda Civil de Sanxenxo, que iniciou unha investigación para identificar ao suposto autor deste delito de estafa. Trátase dun home de 33 anos residente en Barcelona que conta con antecedentes policiais por feitos similiares. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Cambados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.