A planta de Sogarisa da Xunta, baixo investigación penal, por un posible delito ambiental

Ecoloxistas en Acción e ACOUGA denunciaran as emisións tóxicas de cal viva no procesamento dos refugallos industriais na planta de As Somozas.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/02/2024 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol acordou abrir unha investigación penal contra a Sociedade Galega de Residuos Industriais SA (Sogarisa) por un posible delito contra el medio ambiente no tratamento de residuos no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, en As Somozas.

Nube contaminante de Sogarisa nas Somozas
Nube contaminante de Sogarisa nas Somozas | Fonte: Ecoloxistas en Acción

 

O Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), Sogareso, é unha infraestructura pública titularidade da Xunta de Galicia, ubicada no Concello das Somozas. Segundo informa a Asociación de Usuarios e Consumidores galega Acouga, a maxistrada encoméndalle ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil que investigue as emisións tóxicas da planta de estabilización de residuos, que foron denunciadas perante o xulgado de xeito conxunto por Ecoloxistas en Acción e a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) o pasado día 1.

Na súa denuncia por delito ecolóxico, as entidades precisaban que do pasado 24 de xaneiro a planta desprendeu vapores con presenza de CaO (óxido de calcio ou cal viva), que se usa como reactivo para estabilizar os residuos líquidos perigosos que se tratan.  Segundo os denunciantes, esas emisións xa reiteradas “constitúen unha aberta vulneración da normativa de Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC), xa que estes procesos con cal deben realizarse nunha instalación estanca con aspiración e supresión de partículas” para impedir, precisamente, a emanación de elementos nocivos para a saúde humana e animal.

Neste novo episodio, que motivou a acción xudicial de Ecoloxistas en Acción e ACOUGA, os residuos depositáronse nuns prados próximos propiedade dun gandeiro de As Somozas que os usa para alimentar o seu gando. O Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG) de As Somozas está xestionado por Sogarisa, antiga entidade pública na que agora participa a Xunta nun 10%, xunto coa UTE PMA-Conteco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta