Detido un home en Pontevedra que quebrantou unha orde de afastamento da súa exparella, agrediuna e fuxiu da policía

Segundo o seu relato, o home presentouse na súa casa despois de mandarlle mensaxes de forma insistente durante todo o día.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/02/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Un home de 30 anos foi detido en Pontevedra por quebrantar a orde de afastamento da súa exparella e fuxir dunha patrulla da Policía Local que o esperaba nas inmediacións da casa da súa vítima. O incidente tivo lugar o pasado 22 de febreiro, cando a central da Policía Local recibiu ás 03.00 horas unha alerta da vítima, que pedía axuda porque o seu agresor estaba a incumprir a orde de afastamento, segundo comunicou o Concello pontevedrés.

Segundo o seu relato, o home presentouse na súa casa despois de mandarlle mensaxes de forma insistente durante todo o día. Finalmente, accedeu a que se achegase ao seu domicilio, onde iniciaron unha conversa que derivou nunha discusión na que o agresor agarrou "fortemente" á muller polos brazos. Nese instante, a vítima decidiu chamar á polícia, momento que aproveitou o home para fuxir da vivenda. Este deixou o coche estacionado nas inmediacións do lugar, polo que os axentes decidiron vixiar a zona á espera do seu regreso para proceder á súa detención.

Isto ocorreu ás 09.30 horas do venres, cando os axentes observaron o seu paso a gran velocidade ao volante do seu vehículo. Tras unha persecución, o home parou o coche e saíu correndo, aínda que os axentes da Policía Local lograron detelo para polo a disposición da Polícia Nacional.

Coche patrulla do 091 fronte á Peregrina, en Pontevedra
Coche patrulla do 091 fronte á Peregrina, en Pontevedra | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta