Santiago é a cidade que máis recicla do Estado, só por detrás de Donostia

A recollida selectiva de envases de vidro en Galicia supera as 49.700 toneladas en 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A recollida selectiva de envases de vidro en Galicia alcanzou as 49.747 toneladas en 2023, segundo os datos presentados por Ecovidrio, empresa encargada da xestión da reciclaxe destes envases en España.

De media, cada galego depositou no colector verde 18,5 quilos de envases de vidro, o equivalente a uns 63 envases por persoa e sitúase lixeiramente por baixo da media do estado --19,2 quilos por habitante e uns 66 envases por persoa--. Santiago sitúase como unha das capitais que máis reciclan de España, só por detrás de San Sebastián --38,3 kg/hab-- e Pamplona --31 kg/hab--.

Por provincias, A Coruña sitúase á cabeza, con 18,3 kg/hab, seguida de Pontevedra (17,6 kg/hab), Lugo (16,1 kg/hab) e Ourense (15,5 kg/hab).

Ademais do vidro reciclado polos cidadáns no colector verde, Ecovidrio recuperou en Galicia, de forma complementaria, 17.531 toneladas de residuos destes tipos de envases que non foron correctamente separados en orixe. Galicia conta con 18.302 colectores verdes, un por cada 147 habitantes. Así, en 2023, os cidadáns depositaron no colector 466.764 envases de vidro ao día e uns 324 por minuto.

Colectores de reciclaxe
Colectores de reciclaxe | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta