Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 14:00
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, procedeu a renunciar á acta como deputado pola provincia de Lugo no Congreso para centrarse no seu labor como parlamentario autonómico na Cámara galega. Así o confirmaron a Europa Press fontes socialistas, que sinalaron que a renuncia ao escano no Congreso farase efectiva na xornada do venres.
Besteiro, que tamén presidía a Comisión de Transportes deste órgano, desprazouse esta semana a Madrid para participar no pleno da Cámara baixa. Ademais, como sinalaron estas fontes, aproveitou a súa participación na sesión para despedirse dos compañeiros cos que compartiu labor estes meses.
Tras a renuncia á súa acta como parlamentario no Congreso, prevese que nos próximos días Besteiro recolla as súas credenciais de deputado no Parlamento de Galicia. O político lucense xa avanzou na noite electoral que deixaría a súa acta como deputado estatal antes da constitución do novo Parlamento de Galicia saínte das eleccións do pasado 18 de febreiro, que está prevista para o próximo 18 de marzo.
PATRICIA OTERO
O número dous da lista dos socialistas pola provincia de Lugo ás eleccións xerais do 23 de xullo do pasado ano ocupouno a que Patricia Otero, quen foi deputada autonómica na recentemente finalizada lexislatura.
Otero, que foi secretaria xeral do PSOE de Lugo e non concorreu na candidatura do PSdeG aos comicios autonómicos do 18 de febreiro, poderá asumir agora o posto que deixa Besteiro, quen poderá debater no Pazo do Hórreo co líder do do PP e presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.