Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2024 | Actualizada ás 19:45
Un home de 44 anos de idade e a súa filla, de 17 anos, faleceron a tarde deste domingo tras chocar o vehículo no que viaxaban contra outro na estrada AC-543 (Santiago-Noia), á altura da urbanización de Aldea Nova, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.
As dúas vítimas mortais eran da parroquia compostelá de Laraño. O pai, que respondía as iniciais O.M.P., viaxaba xunto á súa filla nun Opel Corsa, en dirección Bertamiráns cando chocou frontalmente contra un Volkswagen T-Roc que circulaba polo carril dirección cara a Santiago.
Dous ocupantes deste segundo vehículo, un home de 46 anos de idade e iniciais F.C.G., e unha muller de 44 anos e iniciais N.P.F. resultaron feridos, nunha primeira avaliación, de gravidade, polo que foron evacuados ao Hospital Clínico Universitario de Santiagoa. Os Bombeiros tiveron que excarcerar e liberar a estas dúas persoas.
O 112, segundo informou, tivo coñecemento do suceso ás 17,45 horas e ata o lugar desprazáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e de Santiago, o GES de Brión, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Ames.
Unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou que os dous ocupantes, piloto e copiloto, dun dos vehículos implicados perderon a vida. Ademais, os Bombeiros tiveron que excarcerar e liberar a dúas persoas do outro vehículo implicado e que resultaron feridos de consideración.
CONDOLENCIAS
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, enviou as súas condolencias e toda "a forza do mundo nestes durísimos momentos" para a familia e amizades de Aira M. F., de 17 anos, e Óscar M. P., de 44, falecidos este domingo nun accidente de tráfico na veciña localidade de Ames.
Ambos son veciños da parroquia compostelá de Laraño. De feito, Sanmartín, así como o alcalde de Ames, Blas García, desprazáronse na tarde do domingo ata o punto do sinistro tras coñecer o tráfico suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.