Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2024 | Actualizada ás 10:20
Baixo a campaña “Loitando desde as aulas por un ensino feminista” a organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza chama ás estudantes a mobilizarse este 8M polo Día Internacional da Muller Traballadora.
“Sabemos que o patriarcado comeza na educación: continuamos invisibilizadas nos libros de historia, non temos educación en igualdade nin sexo-afectiva e non se aplica a perspectiva de xénero de maneira trasversal nos currículos educativos‘’ sinalou Jennifer Abal, persoa membro da organización.
“Por iso é preciso que nos mobilicemos por un ensino feminista e antripatriarcal, que non perpetúe o machismo dentro e fóra das aulas” sentenciou. Os paros terán lugar entre as 11 e as 13h nos centros de ensino medio, formación profesional e universidades galegas co fin de que as estudantes poidan secundar as mobilizacións convocadas ao longo da mañá do propio día. “Animamos ás estudantes de todo o país a secundar os paros e a participar das mobilizacións da tarde que convoca o feminismo galego”.
"As estudantes seguimos vendo como polo feito de ser mulleres temos que aturar o acoso machista de profesores e compañeiros, así como a discriminación sistémica que nos pon barreiras e teitos á hora de cursas detereminadas carreiras ou ascender no ámbito académico, pero tamén no laboral", denuncia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.