Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 04/03/2024 | Actualizada ás 21:25
Tal e como destaca o presidente do organismo, José Ramón Rodríguez Castellanos, “esta decisión tómase para que o foro máis relevante de cantos se celebran no noso territorio amparado de cara a poñer en valor os nosos viños non coincida en tempo e espazo coas tradicionais festas de Viloira”.
A comisión de festas de Viloira anunciou a decisión de retomar as celebracións, que non se festexaban dende antes da pandemia, con posterioridade a que o Pleno do Consello Regulador fixara a data para a nova edición da Feira do Viño, que se adianta un mes con respecto ao tempo no que habitualmente adoitaba celebrarse.
Deste xeito, a Feira terá lugar os días 1 e 2 de xuño. “Queremos que a Feira sexa protagonista absoluta en Valdeorras, nun ano moi especial, posto que acada a súa edición número 25. Por iso, prepararemos unha potente axenda de actos paralelos ligada ao foro que iremos anunciando paseniñamente”, sinalou tamén o presidente do Consello Regulador.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.