Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/03/2024 | Actualizada ás 16:56
O grupo provincial do PSOE na Deputación de Pontevedra denunciou este luns que o goberno da institución, que ostenta o PP, lles deixou sen ningunha dedicación económica, nun intento por "dificultar" o seu labor fiscalizador, e tachou a situación de "anomalía democrática".
Así o trasladou, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, a portavoz socialista provincial, Ana Laura Iglesias, quen apuntou que, o pasado 29 de febreiro, dirixiu unha carta ao presidente da institución provincial, o 'popular' Luís López, para pedirlle unha reunión na abordar esta situación.
A deputada socialista criticou que o goberno deixou ao seu grupo, de 9 deputados, sen retribucións económicas "nun claro intento de dificultar" o seu traballo de fiscalización do goberno provincial, e pediu a Luís López que aplique os mesmos criterios que o goberno local de Vigo, onde o grupo do PP, con 5 edís, conta cunha dedicación exclusiva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.