Cando o PP pide a dimisión de Armengol pero non a de Baltar a pesar de estar pendente de xuízo

"Non é o mesmo ser a terceira atoridade do Estado que estar noutras posicións como ser un senador", di Rueda tras confirmar que non considera que Baltar deba dimitir tras pedir o TS xulgalo penalmente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/03/2024 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

"Son situacións diferentes e, polo tanto, situacións de dimisións diferentes". Alfonso Rueda cre que na presidenta do Congreso, Francina Armengol, debe dimitir polo "Caso Koldo" pero non Baltar tras solicitar o TS un suplicatorio ao Senado para suspender a inmunidade e proceder penalmente contra o agora senador ao apreciar contra el indicios racionais dun presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir a 215 quilómetros nun tramo de velocidade limitada a 120 km.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado | Fonte: Rosa Veiga

Ao ser preguntado por este caso, Rueda dixo que non cre que deba dimitir do seu cargo porque, antes, debe someterse ao procedimento xudicial xa que aínda non foi acusado de nada. "Hai que confiar na presunción de inocencia", dixo.

Pero si ve diferente o caso de Francine Armengol tras pedir o PP a súa dimisión polas escoitas do "Caso Koldo", aínda que non foi acusada de nada formalmente, nin investigada pola Xustiza. "Non é o mesmo ser a terceira atoridade do Estado que estar noutras posicións como ser un senador", dixo ao ser preguntado polo caso Baltar e ao de Armengol. "Son situacións diferentes", insistiu ao suliñar que Armentol ten que dar explicacións e que, se non as dá, pois ten que dimitir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta