Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2024 | Actualizada ás 20:07
O Concello de Ourense que encabeza o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, deu a coñecer o despedimento dun funcionario por "reiteradas ausencias" do seu posto de traballo. Así o comunicaron desde o consistorio nun comunicado no que trasladan que a decisión se acordou na mañá deste venres na xunta de goberno local, reunida en sesión extraordinaria e urxente convocada para resolver este expediente.
O acordo aparta da función pública ao funcionario municipal polas ausencias do seu posto de traballo, segundo afirma o goberno ourensán. Fontes da oposición consultadas por Europa Press sinalan que non tiñan constancia da celebración desta xunta de goberno local extraordinaria para abordar o expediente a este traballador público, que será solicitado polo BNG o vindeiro luns.
A través do seu perfil en redes sociais, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, subliñou que "é a primeira vez en décadas" que o Concello de Ourense aparta da función pública a un traballador. Por outra banda, no mesmo comunicado, o consistorio avanza a convocatoria para a próxima semana da mesa de negociación sindical, na que se negociará o horario do concello, unha cuestión na que, segundo Jácome, o goberno local "será tallante no seu cumprimento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.