Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 13:45
Un dispositivo busca a un home de 90 anos desaparecido no municipio coruñés de Aranga o pasado xoves. Un familiar avisou ao 112 Galicia da súa desaparición, despois de que a traballadora doméstica notase a súa ausencia.
Segundo informa o 112 Galicia, técnicos do grupo de apoio loxístico da Axencia Galega De Emerxencias (Axega) incorporáronse con drones ás tares de procura este luns. Este veciño do lugar de Maques, en Aranga, duns 90 anos de idade, adoita saír a pasear, pero está de volta en casa antes das dúas da tarde. O pasado xoves non volveu e deixou alí as súas pertenzas.
Tras rexistrarse a súa desaparición, os axentes da Garda Civil puxeron en marcha os correspondentes operativos de procura, nos que tamén participan os membros do GES de Curtis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.