Luís Menor pide non reclamar responsabilidades a Baltar antes do veredicto

Por E.P. | OURENSE | 13/03/2024 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular de Ourense e titular da Deputación provincial ourensá, Luís Menor, considerou necesario esperar á celebración do xuízo contra o seu predecesor nos cargos e actual senador popular, José Manuel Baltar, por un presunto delito de seguridade viaria, antes de pedir responsabilidades políticas.

Menor fixo estas declaracións en Ourense antes de participar na Ruta pola Igualdade, unha iniciativa que o Partido Popular, a nivel nacional, está a levar a cabo para "defender os valores democráticos", "os dereitos", "as liberdades" e "a Nación".

"Estamos a falar dun tema xudicial que segue o curso correspondente, e o que corresponde é resolver, por parte do Senado, a autorización para ser xulgado. Creo que con esa petición non se altera para nada a presunción de inocencia", esgrimiu Menor a preguntas dos medios de comunicación sobre se considera que o senador debe dimitir.

Como xa fixera a semana pasada, preguntado entón sobre si Baltar debería renunciar á inmunidade para someterse ao proceso penal, Menor lembrou que se trata "dun trámite regulado e obrigatorio".

"E, a partir de aí, teremos que estar a respectar esa presunción de inocencia, no ámbito da resolución xudicial, se chega a termo, e logo co resultado do eventual xuízo que se poida producir", dixo para soster que "aí sería o momento de facer estas valoracións". Menor insistiu que se trata de "un trámite" e que "a presunción de inocencia non se viu alterada".

Todo iso despois de que a pasada semana a maxistrada do Tribunal Supremo, Ana Ferrer, propuxese ao alto tribunal pedir o suplicatorio ao Senado para proceder penalmente contra o senador do Partido Popular, José Manuel Baltar Blanco, por un presunto delito contra a seguridade viaria por conducir a 215 quilómetros nun tramo limitado a 120.

Luís Menor, novo presidente da Deputación de Ourense, abrázase co seu antecesor, Manuel Baltar.. ROSA VEIGA / EUROPA PRESS / Europa Press
Luís Menor, novo presidente da Deputación de Ourense, abrázase co seu antecesor, Manuel Baltar.. ROSA VEIGA / EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta