Por Europa Press / Redacción | LUGO | 14/03/2024 | Actualizada ás 14:24
Dous mozos da Pastoriza, de 19 e 23 anos, foron detidos por diferentes roubos e furtos en vivendas do municipio, de onde subtraeron un televisor, unha minimoto e diñeiro, entre outros aveños. Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, o pasado 5 de marzo, ambos os mozos supostamente entraron nunha vivenda habita no lugar de Bretoña, na Pastoriza, de onde levaron unha televisión e dous mandos a distancia.
Posteriormente, o 11 de marzo, participaron nun roubo con forza no interior dunha vivenda no mesmo municipio. Accederon tras romper o cristal dunha xanela. Alí roubaron unha minimoto, dous cascos, lentes, diñeiro en efectivo e dúas baterías dun quad. Ante a imposibilidade de transportar estes obxectos no vehículo utilizado polos detidos, accederon a un galpón anexo á vivenda e apropiáronse dun remolque para transporte de gando, no cal cargaron os obxectos subtraídos.
Ás 23.00 horas do mesmo 11 procedeuse á identificación dos presuntos autores cando circulaban nun turismo con características similares ao utilizado nos feitos. Atopouse no maleteiro do vehículo dous cascos integrais e dúas baterías de quad, obxectos supostamente relacionados cos feitos delituosos ocorridos horas antes, explica a Garda Civil.
O remolque subtraído foi localizado media hora despois na área recreativa da Riboira, oculto tras uns cipreses, e xunto a el unha placa de matrícula vinculada a un vehículo propiedade do dono do remolque. Na madrugada do día 12 foi localizada a minimoto na marxe dun camiño rural, tapada con vexetación. Ás 10.00 horas deste xoves as persoas detidas fan entrega en dependencias oficiais do televisor e os dous mandos a distancia subtraídos. A investigación policial continúa aberta e non se descartan máis implicados. As dilixencias foron remitidas á autoridade xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.