Esta lucense traballa nun hospital de Houston pioneiro neste tratamento, que axuda a reducir o número de pacientes na UCI e o tempo de hospitalización. Cos ollos postos nesta beira do Atlántico, Villapol confía en que "a curva está a piques de baixar", pero cre que a pandemia vai revolucionar o mundo enteiro en todas as súas vertentes. "Cando remate isto, as aldeas galegas volverán repoboarse", aposta. Mentres, insiste na importancia de extremar as precaucións e avoga polo uso da máscara en público.