Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 21:06
A Consellería de Sanidade notificou este xoves outro cinco falecementos vinculados á covid-19 en Galicia, co que o total de vítimas da pandemia sitúase en 1.485.
En concreto, notificouse o falecemento dunha muller de 84 anos e dun home de 61 no Hospital de Ferrol, dunha muller de 88 anos no Clínico de Santiago e dun home de 86 que se atopaba no Hospital de Ourense.
Ademais, en canto aos centros residenciais de maiores, Sanidade notificou o falecemento dun home de 79 anos usuario da residencia da Pastoriza, en Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.