Cobras 2.095 euros ao mes?... Ese é o salario medio en Galicia en 2023

Os salarios soben un 2,9% en Galicia a peche de 2023, pero son 263 euros menos ao mes que a media do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2024 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Os salarios (todas as remuneracións, tanto en metálico como en especie) subiron un 2,9% en termos brutos no último trimestre de 2023 en Galicia en comparación co mesmo período de 2022, ata os 2.095,8 euros por traballador e mes, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres.

Este incremento está un punto por baixo do 4% de avance medio en España, que se sitúa en 2.359,38 euros --a cifra máis elevada nun cuarto trimestre desde o comezo da serie, no ano 2000--, o que supón 263 euros máis que a media española. Así, o custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe os e as cotizacións sociais) subiu un 4,2% en Galicia no cuarto trimestre, con 2.821,09 euros, tamén por baixo da alza do 5% no Estado, que se eleva a 3.145,99 euros, a súa cifra máis alta nun cuarto trimestre desde o ano 2000.

Este incremento do custo laboral en España, co que se acumulan doce trimestres consecutivos de alzas, mantense en liña co dato rexistrado no terceiro trimestre de 2023, cando se situou no 5% tamén. Por hora efectiva, os custos laborais son de 22,57 euros (+6,8%), dous euros menos que os 24,98 no Estado (+6,1%). No caso dos salarios, a hora supón 16,77 euros en Galicia (+5,5%) fronte aos 18,74 euros de media do conxunto do país (+5,1%).

Os outros custos (custos non salariais) traducíronse no cuarto trimestre do ano pasado 725,27 na comunidade galega (+8,2%), menos que os 786,61 euros por traballador e mes do país, cun repunte interanual do 8%. Estoutros custos por hora efectiva son de 5,80 euros en Galicia, mentres que en España atópanse en 6,24 euros.

XORNADA LABORAL E VACANTES

A xornada laboral galega é de 152,5 horas pactadas por traballador e mes (151,2 horas en España), das cales son 125 horas son efectivas (125,9 en España) e 28,3 horas, non traballadas (26,1 en España). A tempo completo no país a distribución é: 169,1 pactadas, 138,1 efectivas e 31,8 sen traballar.

Por último, Galicia presenta 5.581 vacantes, un 4% do total das 139.314 que existen a nivel estatal. Entre os motivos polos que non existen vacantes nas empresas, nun 90,3% dos casos é porque non se necesita ningún traballador máis, nun 2,9% é polo elevado custo de contratación e nun 2,3% é por outras razóns.

Obreiro e traballador nunha obra
Obreiro e traballador nunha obra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta