Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2024 | Actualizada ás 14:08
Dúas persoas foron trasladadas tras saírse da vía co seu vehículo e chocar contra un farol na N-547 ao seu paso polo municipio coruñés de Arzúa.
Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar sobre as 12,40 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que o condutor, ferido, foi capaz de saír do vehículo pero o seu acompañante estaba atrapado.
O 061 detallou que os feridos son un home, de 74 anos, e unha muller, de 71 anos, e ambos foron trasladados ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. A central de emerxencias deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arzúa, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Arzúa.
Unha vez no punto, os bombeiros excarceraron á persoa atrapada. Ademais, ambos os feridos necesitaron asistencia dos profesionais sanitarios que, aínda que mobilizaron o helicóptero medicalizado, os feridos foron trasladados nunha ambulancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.