ANTON, o coche é oficial; as "casiñas" de Cabezas, Cacharro e Baltar "transformáronse" e propiedade privada.
Os socialistas non resucitan aos mortos para que voten, nin botan a perder e fan inútiles para o desenvolvemento de Galiza axudas de miles de millóns da UE. É máis, có bipartito Galiza transformouse dede o 2006 na comunidade con maior crecemento de España. Naquel ano igualamos a Murcia cún 4'1%, pero agora Murcia tén os seus bos problemas có fin do chiringuito urbanístico.
Sexamos serios, os gastos oficiais ténos calquer goberno. No bipartito, ben seguro que hai algún exceso, pero nin de coña chega á punta do iceberg do que fai o PP.
Por certo, quéixaste, alfonso, de que Besteiro gastou 120.000 en coche oficial. Iso é o prezo dún coche de gama un pouco alta, + as medidas de seguridade que poden valer incluso máis ca o coche ¿qué hai de raro?
Falas de "Un 20% más de asesores y altos cargos." Pois paréceme xenial que se asesore ben, debera facelo todo gobernante. Mellor que se gaste en asesores só unha pequena parte do que se aforra en caciques.
ruben, o fraguismo rematou hai tres anos e medio na Xunta, continúa na provincia de Ourense por intercesión de Baltar. E ameaza con volver, ¿ou te cres que os que están agora mesmo son distintos? ¡Se case todos estiveron no goberno de Fraga!
Ti mesmo te contradices, por unha parte alégraste de que "o Fraguismo rematou xa fai tempo" e por outra banda vas a votar aos que formaron parte del para que volten.