Estáfanlle máis de 1.000 euros tras contactala "un suposto actor famoso" en Whatsapp

A esta veciña de Ourense ofrecíanlle 50.000 dólares pero antes tivo que pagar 1.020 euros por un envío.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Unha veciña de Ourense denunciou en febreiro unha estafa de Whatsapp na que se facían pasar por un actor famoso e ofrecíanlle 50.000 dólares.

Segundo informou a Garda Civil, a muller explicou que contactaron con ela por Whatsapp facéndose pasar por un actor famoso que lle ofrecía a citada cantidade de diñeiro. Posteriormente, recibiu outra mensaxe onde lle din que ten un paquete pero que tiña que pagar 1.020 euros para que llo entreguen. Tras pagar non hai máis rastro de envíos.

Ademais, informan tamén de que o equipo da Garda Civil da Comandancia de Ourense recolleu durante este xoves sete denuncias de estafa método vishing coa entidade bancaria Abanca. Este método busca obter datos persoais e/ou bancarios dos usuarios a través dunha chamada telefónica, na que se engana á vítima facéndose pasar por un terceiro de confianza.

Equipo de delictos tecnolóxicos a través de Internet ou redes sociais da Garda Civil
Equipo de delictos tecnolóxicos a través de Internet ou redes sociais da Garda Civil | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta