Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2024 | Actualizada ás 10:42
A costa da provincia da Coruña contará este domingo, 24 de marzo, cun aviso amarelo por forte vento do nordeste.
Segundo a información de Meteogalicia, na Costa da Morte o aviso durará desde a medianoite do sábado ata as 21,00 horas do domingo. Prevese vento de forza 7.
No tocante ao noroeste da provincia da Coruña, este aviso irá só desde as 12,00 ás 21,00 horas deste domingo, tamén por nordés forza 7. Todo iso tras unha xornada de sábado que deixou ventos por encima dos 100 quilómetros por hora en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.