Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2024 | Actualizada ás 11:34
A xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, do home detido por agresión sexual a unha menor na Laracha. egundo informaron fontes xudiciais, está investigado por un delito de agresión sexual.
A Garda Civil detivo a fin de semana a un home por un suposto delito de agresión sexual a unha menor, de 17 anos de idade, durante unhas festas parroquiais no municipio coruñés da Laracha. Os feitos, segundo confirman a Europa Press fontes coñecedoras do caso, ocorreron na madrugada do sábado ao domingo ante a mirada de moitas persoas que estaban alí presentes.
Este home chegaría a bicar e realizar tocamentos á menor, momento no cal foi increpado por veciños, que alertaron á Garda Civil. Os axentes detivérono e trasladárono a dependencias do Instituto Armado na Laracha, á espera de pasar a disposición xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.