Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2024 | Actualizada ás 10:32
Catro persoas resultaron feridas este venres tras envorcar o vehículo no que viaxaban ao saírse da vía en Malpica. Segundo informou o 112, o catro ocupantes do turismo accidentado foron trasladados polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro sanitario da localidade. Todos eles resultaron feridos de carácter leve.
O accidente tivo lugar esta mañá. Sobre 8.15 horas un particular contactou co 112 Galicia para dar aviso dun coche envorcado na DP-4307, quilómetro 3, en Vilanova de Santiso, no concello coruñés de Malpica de Bergantiños. Aseguraba que os ocupantes estaban feridos e que había xente tratando de axudalos a saír do interior do vehículo.
Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo e dos axentes de Tráfico.
Ademais, foron informados os membros do GES de Ponteceso, a Policía Local, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.