Rueda destaca o "éxito do modelo turístico galego"

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este luns Galicia como "unha terra aberta, acolledora e hospitalaria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este luns Galicia como "unha terra aberta, acolledora e hospitalaria" e apuntou a estas características como as claves do "éxito do modelo turístico galego" que, engadiu, ten como base "a sustentabilidade, o 'sentidiño' e o respecto".

Durante a súa participación na tradicional romaría das Cabezas en Meis, tal e como trasladou o PPdeG nunha nota de prensa, o líder dos populares galegos sinalou que esta celebración é "o mellor resumo dos moitos tesouros que esconde Galicia e que fan que cada vez nos elixan máis turistas para pasar uns días de descanso". Así mesmo, defendeu que os visitantes acoden á comunidade galega buscando tanto relaxarse como gozar da natureza, do patrimonio ou da gastronomía.

Nesta liña, apostou por "crer e potenciar" os valores "materiais e inmateriais" de Galicia a través de "unha fonte de riqueza como é o turismo" que, na súa opinión, debe "seguir crecendo pero con 'sentidiño'".

REUNIÓN COS POPULARES DO SALNÉS

Tras acudir a esta romaría, Rueda mantivo unha reunión cos alcaldes e portavoces na comarca do Salnés, aos que agradeceu os resultados obtidos nas eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro. Segundo destacou o PPdeG, o apoio recibido polo partido foi de preto do 50% e, en casos concretos como o de Meis, "superior mesmo a esta porcentaxe".

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, visita a romaría das Cabezas de Meis. PPDEG
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, visita a romaría das Cabezas de Meis. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta