A galega Susana Rodríguez convírtese na primeira deportista con discapacidade en recibir o Premio Nacional do Deporte

A triatleta con discapacidade visual Susana Rodríguez, actual campioa paralímpica e que en 2022 gañou o ouro mundial e europeo, recibiu o Premio Raíña Letizia 2022.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 04/04/2024 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Os Reis de España, Felipe V e Letizia Ortiz, presidiron este xoves, no Palacio Real do Pardo, a entrega dos Premios Nacionais do Deporte de 2022, que, entre outros, recoñeceron ao tenista Carlos Alcaraz e á triatleta paralímpica Susana Rodríguez como os mellores deportistas españois. Os Premios Nacionais recoñecen ás persoas e entidades que máis se distinguiron na competición ou na promoción do deporte ao longo do ano. Nesta edición, como novidade, incorporouse o Trofeo Unión Europea.

Susana Rodríguez recibe o Premio Raíña Letizia á mellor deportista española do ano durante a entrega dos Premios Nacionais do Deporte 2022 no Palacio Real O Pardo, a 04 de abril de 2024, en Madrid
Susana Rodríguez recibe o Premio Raíña Letizia á mellor deportista española do ano durante a entrega dos Premios Nacionais do Deporte 2022 no Palacio Real O Pardo, a 04 de abril de 2024, en Madrid | Fonte: Antonio Gutiérrez

A triatleta con discapacidade visual Susana Rodríguez, actual campioa paralímpica e que en 2022 gañou o ouro mundial e europeo, recibiu o Premio Raíña Letizia, mentres que o tenista murciano Carlos Alcaraz, campión en 2022 do Aberto dos Estados Unidos e que terminou ese ano como número un do mundo, o Premio Rei Felipe. A galega é a primeira deportista con discapacidade, muller ou home, que gaña esta categoría destes galardóns.

A XUNTA REIVINDICA A SUSANA RODRÍGUEZ

O secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, asistiu á entrega dos premios para acompañar á deportista galega, a primeira con discapacidade que recibe a distinción. Lete Lasa destacou a traxectoria de Susana Rodríguez, cun "inmenso palmarés" no que se inclúen cinco campionatos do mundo, catro de Europa e unha medalla de ouro nos Xogos Paralímpicos de Tokio, á que hai que sumarlle o diploma olímpico nos 1.500 metros.

O respresentante do Goberno galego incidiu en que o exemplo de Susana vai moito máis alá do ámbito deportivo porque "envía a todo o mundo unha mensaxe de ánimo e esperanza ao demostrar que con traballo, esforzo e sacrificio pódese superar calquera barreira". Ademais, lembrou que a Xunta propón este ano á deportista viguesa como candidata ao Premio Princesa de Asturias 2024 e mostrou o seu convencemento de que "Susana conta con méritos máis que suficientes para optar ao recoñecemento".

PREMIOS NACIONAIS DO DEPORTE DE 2022

Premio Rei Felipe: Carlos Alcaraz.

Premio Reina Letizia: Susana Rodríguez.

Premio Princesa Leonor: Izan Almansa.

Premio Infanta Sofía: Fundación Síndrome de Down Madrid.

Premio Rei Juan Carlos: Jordan Díaz.

Premio Reina Sofía: Palolma del Río e Antonio Pampliega.

Trofeo Unión Europea: Ester Ledecka.

Trofeo Comunidade Iberoamericana: Confederación Panamericana de Ciclismo.

Copa Barón de Güell: Equipo español de patinaxe.

Copa Stadium: Real Club Mediterráneo de Málaga.

Premio Consello Superior de Deportes: Concello de Xetafe.

Trofeo Joaquín Blume: Universidade de Alacante.

Premio Nacional ás Artes e as Ciencias Aplicadas ao Deporte: Alberto Pombal.

Premio Nacional Francisco Fernández Ochoa: Raúl Entrerríos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta