Abertas as inscricións para o II Residencia Literaria da Illa de San Simón

Co dobre de prazas ofertadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2024 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

Un total de 24 creadores poderán participar no II Residencia Literaria da Illa de San Simón para o estímulo e a promoción da creación en galego a través do apoio aos seus procesos de traballo. As incripciones xa están abertas, co dobre de prazas.

Segundo explican nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades abriu as inscricións para incorporarse a esta iniciativa coa que se pon a disposición dos participantes un espazo, un ambiente e unhas condicións óptimas para a enteira dedicación aos seus proxectos creativos.

Debido ao éxito da primeira edición, apuntan, o Goberno galego duplicou o número de prazas ofertadas, que chega a 24. Ademais, tamén se ofreen máis posibilidades temporais de estancia: do 20 de maio ao 2 de xuño; do 23 de setembro ao 6 de outubro; e do 4 ao 19 de novembro.

Para poder participar, os interesados deben ser maiores de idade e estar a desenvolver un proxecto creativo en lingua galega, pois esta residencia está concibida para o desarrolo e mellora de proxectos de creación literaria durante o período de estancia dos creadores, que deberá ser como mínimo dunha semana e como máximo dunha quincena.

Na Illa de San Simón, estes profesionais disporán dos bens e servizos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, con aloxamento en cuarto individual e espazo de traballo propio, en réxime de pensión completa na Residencia Stella Maris.

Os interesados en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 24 de abril a través da sede elecrónica da Xunta. Tan só poderase incluír unha única candidatura acompañada dun documento (máximo de 10 páxinas) que deberá incluír a explicación do proxecto de creación literaria que desenvolverá na residencia, xénero, idioma da obra, currículo do aspirante, expediente artístico e carta de motivación, entre outros detalles.

Illa de San Simón
Illa de San Simón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta