Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2024 | Actualizada ás 19:10
A comisión de seguimento do acordo de investidura entre o BNG e o PSOE reuniuse este mércores e valorou "positivamente" que algunhas das medidas pactadas xa se executasen ou estean en tramitación, pero a formación nacionalista defendeu que cos orzamentos prorrogados "é posible" executar a "maioría dos compromisos".
Así o indicou este xoves a delegación do BNG, formada por Néstor Rego, Carme da Silva e Rubén Cela, e anunciou que seguirá "sendo esixente" no cumprimento das actuacións pactadas para a investidura.
Segundo informou o BNG, a reunión tivo como obxectivo avaliar o estado de execución das medidas recollidas no acordo de investidura, especialmente tras a decisión do Goberno de "renunciar a tramitar" os orzamentos do Estado de 2024.
Desta forma, ambos as organizacións coincidiron na vixencia do acordo e en que continúe avanzando a súa execución.
"Cos orzamentos prorrogados neste 2024 a inmensa maioría das actuacións asinadas pódense realizar porque existe marxe para facelo. A prórroga dos orzamentos non é ningún impedimento para cumprir as actuacións previstas. Hai mecanismos e instrumentos suficientes nas contas do Estado para facelo", sinalou a delegación do BNG.
BNG e PSOE "coincidiron" en que o recolleito nos acordos de investidura son "compromisos firmes", que "seguen vixentes" e que se "van a cumprir nos termos acordados". Con todo, a formación nacionalista advertiu que continuará "sendo esixente" para "garantir o cumprimento integro" das medidas acordadas.
ACTUACIÓNS EN MARCHA PARA 2024
A delegación do BNG avaliou "positivamente" a materialización dalgunha das medidas recollidas no acordo, como as bonificacións no transporte colectivo ou o aumento do financiamiento para a construción da nova depuradora de Santiago, entre outras actuacións.
Do mesmo xeito, constatouse a "vontade" do Goberno do Estado de avanzar na "mellora, modernización e electrificación" da rede ferroviaria galega, coa tramitación dos estudos operativos e informativos previstos, así como no "compromiso existente" de impulsar o estudo para a implantación do servizo de proximidades ferroviarias en Galicia, a empezar polos tramos Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.