Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 19:48
Os bombeiros rescataron a unha muller que caeu por un barranco situado na praia de Quenxo, no municipio coruñés de Rianxo. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso produciuse ás 17,30 horas deste mércores no areal rianxeiro, ata onde se mobilizaron os efectivos de emerxencias tras recibir o aviso dun particular.
A muller tivo que ser retirada polo equipo de rescate, xa que se atopaba atrapada nunha zona de desnivel á que caera. Unha vez fóra do lugar, foi atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.