Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/04/2024 | Actualizada ás 16:13
A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas iniciou un plan de formación en calidade e sustentabilidade para a conformación dunha rede de oficinas de turismo e museos certificados na súa marca, así como empresas e entidades que xa forman parte. Así, informaron desde a entidade, neste proceso participa por primeira vez o persoal de oficinas municipais, centros de interpretación e museos.
O obxectivo, apuntan, "é lograr unha mellora real en canto a coordinación por parte dos puntos que atenden aos visitantes". Nesta formación participan as Oficinas de Turismo de Betanzos, Culleredo, Miño, Sada, Santa Cristina (Oleiros) e Sobrado, a aula do Mar de Oleiros, casa Museo María Antonia Dans (Curtis), o Centro Etnográfico Río Mandeo (Teixeiro) e o Museo do Xacemento Romano de Cambre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.