Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2024 | Actualizada ás 19:07
A Policía Local informou do falecemento do home atropelado este venres en Ferrol. Finalmente, trátase dun home de 52 anos, con domicilio en Narón, que foi identificado pola súa familia que está en Palencia.
A Policía Local solicitaba este mañá a colaboración cidadá para identificalo, xa que o suceso tivo lugar cando saíra a correr e non portaba documentación.
Nas súas redes sociais publicaron algunhas fotografías da roupa e os obxectos persoais que levaba no momento do accidente. Horas despois, informaron de que a identificación se completou e agradeceron a colaboración.
O suceso tivo lugar na tarde do venres nos arredores da rotonda das Pías. A vítima foi trasladada ao CHUF. O condutor que foi detido por ser presuntamente o autor do atropelo está no depósito de detidos da Policía Local e pasará este domingo a disposición xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.