Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/04/2024 | Actualizada ás 14:39
Pedro Rojo Otero, xefe de Gabinete do presidente do Parlamento e vicesecretario de Organización do PPdeG será o novo secrerio xeral de Medios da Xunta, un cargo importante dentro do organigrama da Xunta para dirixir a relación, e tamén a publicidade, dos medios de comunicación. co Goberno galego. Así o acaba de indicar o presidente da Xunta Alfonso Rueda tras o Consello da Xunta deste luns.
Rojo substitúe a Silvia Valdés que estivo neste cargo durante dous anos, despois da marcha de Mar Sánchez, man dereita de Feijóo, a Madrid. Pedro Rojo é un persoa da máxima confianza de Alfonso Rueda e un activo importante do actual PP. De feito, foi Rueda quen o levou a súa dirección na reestruturación da executiva que tivo lugar tras a marcha de Feijóo, en 2022.
Ademais, boa parte do mérito da estratexia política e comunicativa da pasada campaña electoral tamén ten que ver con este novo cargo da nova fornada política do PPdeG.
Silvia Valdés deixa este departamento a petición propia. O mandatario galego destacou a "enorme brillantez" desta profesional, á que agradeceu "todo o seu traballo e dedicación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.