Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2024 | Actualizada ás 19:33
O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro terminou a reforma de tres aseos destinados a persoas con mobilidade reducida (PMR) para que poidan dar servizo tamén ás persoas con ostomía. Segundo informa AENA nun comunicado, a reforma integral, que supón un investimento de 24.250 euros, inclúe tamén mobiliario específico adaptado ás necesidades das persoas ostomizadas.
En concreto, son catro os servizos do aeroporto adaptados a persoas con ostomía, situados nas zonas de facturación, chegadas, embarque e embarque internacional (este último xa en servizo desde 2021).
As persoas ostomizadas viven cunha bolsa encostada ao abdome para evacuar os seus refugallos corporais. A ostomía padécese como consecuencia dalgúns tipos de cancros, enfermidade de Crohn, colitis ulcerosa, poliposis múltiple ou mesmo accidentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.