Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 14:30
Jesús Carlos Pampín Rúa, quen fose concelleiro do PP de Santiago durante catro mandatos, entre 1991 e 2007, faleceu este martes no seu domicilio da capital compostelá. Todos os grupos con representación no Pazo de Raxoi aproveitaron o pleno para transmitir as súas condolencias. En redes sociais, os populares composteláns realizaron, ademais, un recoñecemento expreso a Pampín.
"Hoxe o corazón do PP de Santiago ten unha pena grande pola inesperada perda do noso compañeiro Jesús Pampín. Só podemos agradecer o seu traballo e o agarimo que deu ao noso partido. Un abrazo grande á súa familia e amigos. Ata sempre compañeiro!", trasladou no seu perfil de 'X' a formación que lidera Borja Verea.
Casado con María Luisa Rodríguez Segade e pai dunha filla, Jesús Pampín, que era veciño do Ensanche compostelán, nacera en 1949 en Melide e na que, segundo figura na súa necrolóxica, recibirá sepultura.
Os actos fúnebres por Pampín Rúa terán lugar este xoves 25 nesta localidade --onde está instalado o seu velorio, no tanatorio municipal--, a partir das 18,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.