Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 01/05/2024 | Actualizada ás 16:16
Ao redor das 14.30 horas deste mércores 1 de maio caeu unha forte sarabiada en varios puntos de Galicia. En concreto, un dos máis afectados foi un tramo da AP-9 no que o xeo cubre agora mesmo a estrada e fai moi difícil a circulación. Por mór diso houbo un forte accidente na saída de Portas-Caldas, no quilómetro 114 da vía, dirección Santiago-Pontevedra, con alo menos sete turismos implicados e unha furgoneta. Máis adiante, nos quilómetros 115 e 116, usuarios da vía informan de que a circulación dos coches é moi lenta, van cos catros intermitentes postes a modo de aviso e hai risco de que esvaren na capa de xeo.
A pesares do destrozo causado en moitos dos coches, Protección Civil de Cuntis informou de que só foi preciso trasladar ao hospital a unha muller que se queixaba dunha forte dor na cadeira. A muller en cuestión viaxaba na parte de atrás do primeiro vehículo accidentado xunto coa súa filla de dous anos. Outra das condutoras queixouse de dor leve nunha man, pero non requiriu asistencia sanitaria no punto.
Accidente na AP-9 por unha forte sarabiada o 1 de maio de 2024 | Fonte: Protección Civil de CuntisVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
ACCIDENTES EN VIGO E LUGO
Por outra banda, unha moza resultou ferida en Vigo ao saírse da vía cando circulaba co seu coche pola estrada de Camposancos, en Oia. Segundo a información recibida polo 112, a sarabia que caía nese momento foi a causa que provocou o accidente. Ademais, nesta xornada o 112 Galicia recibiu dúas alertas por accidente tras detectarse o primeiro impacto a través do sistema e-call. Faltaban cinco minutos para as tres da tarde cando o servizo de emerxencias recibiu unha chamada a través deste sistema.
Tras contactar co implicado, este indicoulles que sufrira unha saída de vía e que o coche envorcará. Polo sistema de alerta, localizouse a emerxencia na A-54, en Soñar (Lugo). O condutor dixo que non estaba ferido nin atrapado no coche, pero que non se atrevía a saír por medo a que se provocase outro accidente xa que, nese mesmo instante, comunicou que outro coche acababa de accidentarse no mesmo lugar.
Sarabiada na AP-9, a 1 de maio de 2024 | Fonte: Grupo de WhatsApp Carreteras Barbanza¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Ferido un operario ao caer do tellado dunha nave no porto de Ribeira mentres reparaba as uralitas
- Falece unha persoa ao incendiarse o seu coche tras ter un accidente en Sarria
- Sindicatos denuncian apertura de expedientes como "represalia" aos traballadores da residencia de Caranza, en Ferrol
- Lugo terá unha "autovía espectacular" de acceso á cidade
- Xunta destaca o "exemplo de éxito" de Aluminios Cortizo
- "As nenas e mulleres xitanas, cada vez máis empoderadas, están a romper estereotipos"