O Parlamento galego pide ao Goberno central que negocie coa Xunta o impacto do proxecto de lei de familias

O PPdeG ve aspectos "decepcionantes" e PSdeG e BNG solicitan medidas á Xunta neste ámbito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2024 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei do grupo popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG e Democracia Ourensana, para reclamar ao Goberno central que convoque o Consello Territorial de Servizos Sociais de cara á análise do impacto do proxecto de lei de familias.

Isto despois de que a deputada do PPdeG Raquel Arias asegurase, na súa intervención en Comisión, que existen "aspectos positivos" pero tamén outros "decepcionantes" ao non incluírse, expuxo, compromisos "anunciados" polo Executivo central.

Entre eles, citou "a ampliación de permisos de maternidade e paternidade de 16 a 24 semanas ou a nova renda universal para a crianza de fillos ata tres anos". As familias, expuxo, quedan clasificadas "en 16 tipos", vinculando algúns casos a unha "decisión ideolóxica". "Quedan fóra as familias numerosas", aseverou nunha intervención na que indicou que 2.000 familias monoparentais en Galicia "quedarían sen este título" e na que reclamou financiamento para a comunidade galega polos criterios que "se impoñen".

Nun debate sen intervención do deputado de Democracia Ourensana, Armando Ojea, a socialista Silvia Longueira reivindicou as melloras que, ao seu xuízo, se introducen, pero insistiu no feito de que aínda se estea na fase de "antproxecto". Mentres, reprochou a postura do PP e a "ausencia" de axudas para determinado tipo de familias.

Mentres, desde o BNG a parlamentaria Ariadna Fernández remarcou que o "único modelo de familia que crece é o monoparental" e, en particular, incidiu en que a maioría son proxenitores mulleres, "discriminadas" por esta condición e por ser nais, engadiu.

A lectura en familia, compartida, con contos ou libros guiados é a mellor forma de socializar aos nenos
A lectura en familia, compartida, con contos ou libros guiados é a mellor forma de socializar aos nenos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta