Un veciño de Lalín que devolveu ao seu dono uns 4.000 euros que cuspiu un caixeiro automático podería recibir 170

Segundo relatan a Europa Press fontes do corpo municipal, na mañá do mércores unha persoa que saía de casa viu unha importante cantidade de billetes espallados pola rúa e "mesmo pensou que era unha cámara oculta". O caixeiro automático cuspira o diñeiro por erro despois de que un veciño fose realizar un ingreso.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/05/2024 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A Policía Local de Lalín devolveu uns 4.000 euros que o pasado mércores, 1 de maio, atopara na rúa unha persoa. Ao parecer, un caixeiro automático cuspira o diñeiro por erro despois de que un veciño fose realizar un ingreso. Segundo relatan a Europa Press fontes do corpo municipal, na mañá do mércores unha persoa que saía de casa viu unha importante cantidade de billetes espallados pola rúa e "mesmo pensou que era unha cámara oculta".

Este veciño acudiu á Policía Local, que custodiou a contía ata que ao día seguinte puido acudir á oficina bancaria que había no mesmo lugar. O director confirmou que a xornada anterior un empresario realizara un ingreso dunha gran cantidade de diñeiro, mesmo superior aos 4.000 euros atopados.

Posteriormente, co visionado de cámaras, comprobouse que esta persoa realizara correctamente o ingreso e que, de feito, tiña tanto o recibo da operación como unha notificación electrónica da mesma. O que ocorreu foi que, por un erro, a máquina cuspiu parte dos billetes, que acabaron na rúa e que logo recollería o veciño.

A Policía Local lembra que o Código Civil concede un premio ás persoas que atopen cantidades de diñeiro perdidas, que neste caso ascendería a uns 170 euros. O lexítimo dono do efectivo xa advertiu que, no caso de que a persoa que atopou a cantidade queira este premio, reclamarallo ao banco.

Un caixeiro dun banco
Un caixeiro dun banco | Fonte: Ricardo Rubio - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta