Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/05/2024 | Actualizada ás 20:26
Un home resultou ferido de gravidade tras envorcar o camión que conducía na A-52, ao seu paso pola parroquia de Quins, no municipio ourensán de Melón. Segundo informou o 112, foi un particular o que minutos despois das 18.30 horas deste venres deu a voz de alarma e ata o punto desprazouse o Servizo de Urxencias Sanitaria que indicaron que o ferido estaba atrapado no interior do vehículo.
Así, os profesionais sanitarios, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, atenderon á persoa no punto. Ademais, no operativo tamén participou a Garda Civil, os Bombeiros do Carballiño e o GES de Ribadavia. O vehículo quedou envorcado na mediana, o que obrigou a interromper o tráfico no carril esquerdo, en sentido Benavente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.