10 horas máis sen luz?... Red Eléctrica di que o proceso pode chegar a tardar ese tempo

O reestablecimento total da enerxía pode ir de "seis a dez horas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2025 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

Red Eléctrica asegurou que a zona peninsular do país afectada polo apagamento comezou a recuperar a luz pero que o proceso total pode tardar "de 6 a 10 horas", sempre que non se produzan novas complicacións.

Electricidade
Electricidade | Fonte: Luz - Europa Press

Así o explicou o director de Servizos á Operación de Red Eléctrica, Eduardo Prieto, durante unha comparecencia en liña ante os medios de comunicación, na que precisou que a recuperación empezou desde o exterior cara ao interior e que moitas zonas do norte, oeste e sur peninsular xa teñen luz.

En todo caso, Prieto precisou que a recuperación total da subministración tardará "varias horas", estimando que se todo vai ben e por experiencias pasadas calcula que podería estenderse de 6 a 10 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta