Por Europa Press / Redacción | Lugo | 06/05/2024 | Actualizada ás 19:05
A nai e irmáns de José Couso, o cámara de televisión que faleceu no ano 2003 cando se atopaba cubrindo a invasión de Iraq por parte de EE.UU., solicitou mediante un comunicado que tanto o Colexio de Xornalistas de Galicia como o Club de Prensa de Ferrol deixen de utilizar o seu nome no premio que convocan ambas as entidades cada ano, ao asegurar que carecen "de voz e voto" neste recoñecemento.
A petición produciuse o pasado venres, 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa, que foi o día no que ambas as organizacións celebraron en Ferrol, cidade natal de José Couso, a ofrenda floral e a entrega do premio de maneira simbólica, xa que as gañadoras deste ano, as xornalistas iranianas Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi, non se lles puido comunicar o fallo do xurado, por ter prohibido saír do seu país e mesmo contactar con organizacións do exterior.
No comunicado, ao que tivo acceso Europa Press, a nai de José Couso, Maribel Permuy, e os seus irmáns, Sabela, Javier, Bárbara e David Couso Permuy piden que se deixe de utilizar o nome de José Couso neste premio.
Tamén lembran que o Día Mundial da Liberdade de Prensa foi instaurado en 1993 pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas e que "Julián Assange está recluído nunha prisión de alta seguridade, desde hai 5 anos, no Reino Unido por filtrar crimes de guerra cometidos por Estados Unidos", ademais de que "Pablo González se atopa desde hai dous anos e dous meses en Polonia, en prisión preventiva, catalogado como preso perigoso, en illamento e sen poder desde entón comunicarse coa súa esposa e fillos, sen cargos contra el", ademais de "comprobar como leva a cabo un xenocidio contra Palestina, onde polo menos asasinaron a preto de 142 profesionais da información en bombardeos indiscriminados contra poboación civil", polo que, subliñan fáiselles "difícil" celebrar este día.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.