Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 09/05/2024 | Actualizada ás 14:00
A acollida da ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño de Valdeorras deste ano foi espectacular, segundo refire Joaquín Sánchez en nome da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras. Salientou que se superaron incluso as previsións ao rexistrarse unha participación de 789 personas que se achegaron a comarca no marco desta iniciativa. O incremento de visitas con respecto a 2023 foi do 36%, o que consolida a tendencia á alza rexistrada nas últimas edicións.
COMO CHEGARON AS VISITAS?
Segundo o balance realizado, achegáronse a Valdeorras 163 personas nos buses do viño e 269 fixérono pola súa conta. Joaquín Sánchez puxo en valor que 169 personas participaron nas actividades programadas, houbo 60 pernoctacións e 128 menús especiais nos establecementos colaboradores. “Isto confirma o interese que están espertando os nosos viños e as nosas paisaxes entre os turistas que buscan unha alternativa de lecer baseada na calidade dos produtos e tamén na natureza”, subliñou.
AGRADECEMENTOS
O presidente da asociación organizadora tivo palabras de recoñecemento para os establecementos da zona que se uniron a organización desta actividade e salientou que sigan a colaborar en futuras edicións para así consolidar Valdeorras como unha comarca referente en Galicia en enoturismo. Finalmente trasladou os seus mellores desexos para que o resto de D.O. participantes da 'Primavera de Portas Abertas' teñan o mesmo éxito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.