Risco de colapso na atención ao público de Tráfico pola marcha de persoal interino: un 66 % de vacantes en Lugo

CC.OO. alerta de que "case o 70 % de persoas que trata de obter cita previa non o consegue, cifra que aumenta ata o 75 % nalgunhas provincias e que ascende ao 91 % cando se trata do trámite de troco de licenza, segundo datos proporcionados polo propio organismo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2024 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

CC.OO. alerta de que a finalización de 150 contratos de persoal interino este mes de maio pon en risco a atención á cidadanía nas oficinas da Dirección Xeral de Tráfico (DGT). Nunha nota de prensa, sinala que se mantén "o problema estrutural" de falta de persoal, xa que "se manteñen vacantes case o 50 % das prazas".

Así, o sindicato incide en que "a falta de persoal" en postos de atención directa ao público supón que sen o persoal interino "case o 70 % de persoas que trata de obter cita previa non o consegue, cifra que aumenta ata o 75 % nalgunhas provincias e que ascende ao 91 % cando se trata do trámite de troco de licenza, segundo datos proporcionados polo propio organismo". No caso de Galicia, tal e como trasladou CC.OO., faise fronte á demanda cidadá cun 66 % de vacantes en Lugo e case un 50 % en Vigo, superando o 30 % na Coruña e Santiago de Compostela.

Xefatura provincial de Tráfico en Lugo
Xefatura provincial de Tráfico en Lugo | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta