Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 14:52
Galicia segue este mércores baixo a influencia dunha borrasca centrada ao sur de Irlanda e unha masa de aire frío provocou, ademais, o descenso de temperaturas en toda a comunidade. Ademais, segundo a información do portal meteorolóxico de Meteogalicia, deixou precipitacións en forma de neve ao longo da mañá nos cumes máis elevados, a partir dos 1.200 metros.
Durante a tarde, a cota baixará pero continuarán os ceos anubrados e os chuvascos intermitentes, localmente treboentos. Ademais, as temperaturas non terán cambios ou se experimentarán só lixeiros descensos, especialmente as mínimas, que se situarán en vaolres moi baixos para a época do ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.