Galardóns de ouro do III 'DígochoEu' para o CPI Cabo da Area de Laxe e o IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives

O evento estivo presentado pola xornalista responsable do espazo 'DígochoEu' da TVG, Esther Estévez

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2024 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O CPI Cabo da Area de Laxe e o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives foron os dous centros galardoados co ouro no III Premios 'DígochoEU', que recoñece os mellores vídeos sobre o fomento da lingua galega.

A gala, que este venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, emitirase pola Televisión de Galicia (TVG), celebrouse este xoves en Santiago coa asistencia de 500 escolares, profesores e familiares.

O evento, que conta coa colaboración da Xunta, estivo presentado pola xornalista responsable do espazo 'DígochoEu' da TVG, Esther Estévez, e contou coa participación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

Á parte dos premios de ouro, outorgáronse galardóns de prata para o CEIP A Maía de Ames na categoría de Primaria e para o IES As Bizocas de San Vicente do Grove na de Secundaria. En canto ao bronce, leváronos o CEIP Barrié da Maza de Santa Comba e o IES A Illa de Arousa.

Durante a gala, o conselleiro López Campos animou a todo o mundo a participar na "gran festa da palabra que son as Letras Galegas".

Entrega do III Premios 'DígochoEU'.. TVG
Entrega do III Premios 'DígochoEU'.. TVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta