Galicia suma 941 deportistas de alto nivel

1.219 son deportistas recoñecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2024 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución pola que se recoñece ás persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas, xuíces e árbitras recoñecidas de alto nivel, así como as solicitudes desestimadas e a causa. En total, das 124 novas solicitudes presentadas, son 91 as admitidas e, delas, máis da metade (53), son deportista de alto nivel.

Na lista de novos nomeamentos os deportes con máis deportistas de alto nivel son atletismo con Alicia Barreiro, Asheber Díaz, Ester Navarrete, Daniel Salgueiro, Eva Rouco e Anxo Belo; vela con Carlos Bermúdez de Castro, Pablo Mijares e Pomba González Esteban; baile deportivo con Ainhoa González Baña, Laura Marcote, Alba Mourelle, Andrés Parga, Noelia Rei, Soraya Santos, Patricia Videiro e Mélani Lois; patinaxe con Sara Martínez Sío, Joel Ribeiro, Manuel Taibo e Dubra Outeiro; e taekwondo con Irene Montemuíño, Antía Rodríguez, Adrián Salanova, Ainhoa Teira e Alma María Pérez.

Ademais dos 53 novos deportistas de alto nivel recoñecidos, na publicación deste martes inclúense 11 deportistas de alto rendemento e 23 de alto rendemento de base, así como un técnico de alto nivel e tres árbitros.

Con esta última resolución publicada no DOG, a comunidade galega alcanza xa os 1.219 deportistas recoñecidos divididos en 941 de alto nivel, 93 de alto rendemento, 126 de rendemento deportivo de base, 36 técnicos, 10 árbitros, 7 xuíces e 10 vitalicios. Nesta listaxe definitiva hai 35 deportistas con diversidade funcional.

Deportistas galegas de alto nivel en sesións de adestramento
Deportistas galegas de alto nivel en sesións de adestramento | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta