Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2024 | Actualizada ás 13:55
Un home tivo que ser evacuado a bordo dun helicóptero medicalizado do 061 tras quedar atrapado polas pernas polas ramas dunha árbore que estaba a cortar no municipio coruñés de Carnota. O seu estado non revestía gravidade, informan fontes de Emerxencias.
O suceso ocorreu sobre as 12,30 horas, cando o 112 Galicia recibiu o aviso dun particular informando dunha persoa que estaba atrapada polas pernas por un piñeiro. O home atopábase na aldea de Lira, situada no municipio de Carnota.
Desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o punto. A maiores, tamén interviñeron os membros do GES de Muros, os Bombeiros de Cee, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil.
Segundo os equipos de intervención, o home ferido estaba a cortar ramas dun piñeiro cando unha delas atrapouno polas pernas. Por fortuna, foi trasladado consciente e cun estado que non reviste gravidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.