Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/06/2024 | Actualizada ás 15:31
Alfonso Rueda ten previsto quedar na Presidencia da Xunta longo tempo, pol menos, esta lexislatura e tanto como llelo permitan os ciclos electorais. Po iso, o de buscar sucesor ou sucesora non pasa pola súa cabeza. Así o confirmou el mesmo ao ser preguntado este luns pola decisión de manter aos conselleiros da Presidencia, Diego Calvo, e ao de Educación, Román Rodríguez, como deputados na Cámara galega. "Desde logo non ten que ver para nada co tema sucesorio. Eu tentarei estar toda a lexislatura", dixo.
"Busquei aos conselleiros con máis visión parlamentaria e experiencia política", dixo para dar por zanxada as posibles especulacións que xurdiron estes días tras a súa decisión. "Tal e como prometera, fun coherente con esa decisión --a de que os conselleiros compatibilicen as súas funcións na Xunta co escano no Parlamento-- e polo tanto esa rotación de escanos foi a maior posible, agás con dous", engadiu.
Rueda lembrou que todos os membros do goberno foron incluídos nas catro candidaturas provinciais do PP nas pasadas eleccións pero que, xa naquel momento, quedou claro que se revalidaban moitos deles poderían quedar fóra do Parlamento galego. "Precisamente, este xoves, durante o Consello, agradecinlle a todos a súa disponibilidade. É unha decisión persoal para centrarse nas tarefas de goberno", manifestou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.