Navantia Ferrol perde un contrato para reparar un buque gaseiro que daría traballo a 200 operarios por ter ocupado o dique

O armado decidiu levar o barco ata a baía de Cádiz para acometer a obra noutro dos estaleiros da empresa pública.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 04/06/2024 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Carlos Díaz (MAS), asegurou que este estaleiro perdeu un contrato en Carenas, a parte dedicada a reparacións, "por falta de instalacións", en alusión á ocupación do dique. Este feito, conforme indicou, motivou que un buque gaseiro que tiña programada unha actuación na ría de Ferrol se marchase á baía de Cádiz, para unha actuación que se realizará agora nestas instalacións. En declaracións a Europa Press, Carlos Díaz detallou que na plataforma está neste momento un buque.

Patiño á súa chegada ao peirao nº10 do Estaleiro de Navantia con motivo do seu regreso do despregamento na Agrupación Naval Permanente da OTAN núm. 2, a 26 de xuño de 2023, en Ferrol
Patiño á súa chegada ao peirao nº10 do Estaleiro de Navantia con motivo do seu regreso do despregamento na Agrupación Naval Permanente da OTAN núm. 2, a 26 de xuño de 2023, en Ferrol | Fonte: Raúl Lomba - Arquivo

Así, a pesar de que "tiña previsto saír sobre o 20 de maio", os traballos alongáronse e, por iso, non puido abandonar ditas instalacións. Así mesmo, detallou que, tras varios días fondeado nas proximidades da ría de Ferrol, o gaseiro abandonou a zona unha vez que Navantia lle ofreceu facer a obra Cádiz. "O armador acéptao, tras darlle como posible data de entrar a finais de xuño, algo que non aceptou", sinalou. Segundo o responsable de Movemento Alternativo Sindical (MAS), esta situación xa se deu recentemente, xa que "é o segundo buque que se perde", ao seu entender "por falta de instalacións, por ocupación do dique".

EMPREGOS

Segundo Díaz, esta situación motiva "unha perda importante de carga de traballo que traía este buque, principalmente para mecánicos e electricistas". "Estamos a falar de picos de 250 empregos nunha obra de aproximadamente un mes, con media de 200 operarios", estimou. O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol asegurou que no estaleiro ferrolán "xa estaba todo preparado" e que mesmo de estudou enviar ata o estaleiro andaluz a algúns dos operarios que tiñan previsto participar nestes traballos. "Temos persoal, hai industria auxiliar e o que non hai son instalacións", lamentou antes de lembrar que a construción doutro dique de maior tamaño para reparacións é unha "vella demanda" desde a parte social.

VERSIÓN DA EMPRESA

Pola súa banda, consultadas por Europa Press, fontes de Navantia sinalaron que "reparacións está a utilizar indistintamente unhas instalacións ou outras en función das necesidades do cliente e das propias características do negocio". Así, detallan que "neste caso Ferrol tiña dispoñibilidade para unha data e Cádiz tiña posibilidade de ofrecer unha data anterior" e que por iso "o armador decidiuse por esta opción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta