O PPdeG remarca que a muller de Sánchez "leva meses" investigada e ironiza coas súas cartas

Adrián Vázquez: "A única carta que importa é a da citación xudicial que recibiu".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2024 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, minimizou a relevancia de que a citación xudicial de Begoña Gómez, a muller do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se produciu a poucos días das eleccións europeas que se celebran o vindeiro domingo e, ademais de ironizar coas súas cartas, esgrimiu que "leva meses investigada".

"Isto non é ningunha novidade", sentenciou, en declaracións aos medios no marco dun acto no que se reuniu con profesores e estudantes na Facultade de Dereito de Santiago, á que tamén acudiron o candidato da formación, Adrián Vázquez, e o portavoz do PP local, Borja Verea.

Un día despois da nova carta á cidadanía de Sánchez, a dirixente popular subliñou que "a primeira" misiva "do presidente namorado" o único que fixo foi demostrar que "estaba a tentar tapar unha corrupción" que, a xuízo da popular, afecta tamén o mandatario.

"Na carta vemos que hai un 'pack', o 'pack' Pedro Sánchez-Begoña Gómez. Non é só a muller de Sánchez, el está tamén nese 'pack', como o está medio Goberno, a presidenta do Cngreso, e altos cargos de diferentes ministerios. a corrupción que arrasa a Sánchez xa é imposible de ocultar, de tapar con discuros contra o fascismo ou neofascismo", esgrimiu.

"É moi difícil xa tapar tantas fugas que ten o Goberno de Sánchez e a súa contorna. Cada vez vemos como a corrupción está no corazón da Moncloa", resolveu.

"ATA OS CUMIOS" DAS CARTAS

Pola súa banda, Adrián Vázquez tamén quixo lanzar unha mensaxe sobre a misiva da pasada xornada. "Estamos ata os cumios de tantas cartas dun presidente que, no canto de estar a gobernar, o que quere é estar no Goberno", reprochou. "O que pedimos a todo o mundo é que non se deixe enganar. A única carta que importa é a citación xudicial que recibiu a muller do presidente", concluíu.

Dirixentes do PP durante a súa visita á Facultade de Dereito.. PPDEG
Dirixentes do PP durante a súa visita á Facultade de Dereito.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta